Saltar ao contido

Scribonius Largus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaScribonius Largus
Biografía
Nacementoséculo I Editar o valor en Wikidata
Morteséculo I Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMedicina Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 43 Editar o valor en Wikidata)

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1604769

Scribonius Largus, foi un médico do século I que serviu na corte do emperador romano Claudio (anos 41-54), e que o acompañou na conquista de Britania.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

No ano 47, por requirimento de Caius Julius Callistus, o liberto do emperador, compilou unha das primeiras farmacopeias: unha lista de 271 prescricións (De Compositione Medicamentorum), a maior parte debidas a el mesmo, aínda que recoñece a súa débeda cos seus titores, amigos e outros escritos de médicos eminentes. Tamén incluíu remedios tradicionais. Dise que as obtiña sen reparar nos medios, incluído o suborno. A obra non ten pretensións de estilo e contén moitos coloquialismos. A súa maior parte foi trasnscrita sen citar a procedencia por Marcellus Empiricus) en De Medicamentis Empiricis, Physicis, et Rationabilibus (c. 410), obra de gran valor para a corrección do texto de Largus.

A relación dos médicos coa esposa do emperador, Mesalina, era bastante problemática. Un dos seus colegas, Vecio Valente, foi acusado de adulterio con ela.[1]

Algunhas pasaxes da súa obra fanlle ser considerado un dos precursores do humanismo médico e moi citado en cuestións de ética médica, pois entendía a súa actividade como unha profesión (professio, no sentido sacerdotal de "vocación" e no sentido de obrigación moral que esixe un comportamento virtuoso)[2] e establecía como requisito do médico ser "un bo home, experto na arte e a ciencia do medicamento e cheo de misericordia e humanidade[3]

vir bonus, medendi peritus, plenus misericordia et humanitas

A edición moderna das Compositiones por S. Sconocchia (Teubner 1983), substitúe a antiga edición de G. Helmreich (Teubner 1887).

  1. Robinson V. La medicina en la historia. 1947. Ediciones del Tridente Bs. As. P. 96, citado en fmv-uba.org.ar Arquivado 13 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.(en castelán)
  2. "Bioética médica". Arquivado dende o orixinal o 19 de maio de 2008. Consultado o 28 de febreiro de 2011. 
  3. "La educación humanística en medicina". Revista del HPC 7 (1). Enero/Julio 2004. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2010. Consultado o 13 de abril de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]